infantilbaner
 
A escola atópase inmersa dentro dunha sociedade que cambia con pasos de xigante. Un dos seus obxectivos é contribuír ao desenvolvemento emocional, afectivo, físico, intelectual e social dos nenos e das nenas, por iso a nosa escola debe proporcionarlles un ambiente de seguridade, afecto e confianza, no que se sintan acollidos e acollidas.Por este motivo as diferentes propostas e experiencias de aprendizaxe que queremos levar a cabo neste noso colexio realízanse desde un enfoque INTEGRADO e GLOBALIZADOR, e os diferentes métodos baséanse nas experiencias, a actividade infantil e o xogo.

Os métodos de ensino e aprendizaxe centraron o seu esforzo no desenvolvemento das destrezas lingüísticas e matemáticas, sendo estas tradicionalmente as máis importantes que deben desenvolverse na vida escolar dun neno e dunha nena. Afortunadamente, hoxe en día, esta visión tan limitada integrouse na idea xenérica de que non existe só un único xeito de ser intelixente e aprender, senón moitas maneiras diferentes.

Cada neno e cada nena identifícase e maniféstase a través de determinadas características, actividades e intereses. Cada un deles emprega día a día o seu POTENCIAL, pero todos e todas somos únicos e únicas na maneira de mostralas. O punto de partida serán EXPERIENCIAS relacionadas cos propios intereses e as necesidades reais dos nenos e nenas.
Desde a escola temos a gran responsabilidade de que o proceso de ensino e aprendizaxe cree HABILIDADES BÁSICAS PARA A VIDA, como atender, comprender, expresar e xestionar os sentimentos e emocións en si mesmos e nos demais, e sobre todo SER FELICES con todo o que facemos, garantindo deste xeito calquera tipo de aprendizaxe.

Nós, as mestras de Infantil deste colexio cremos que traballando deste xeito podemos conseguir que os nenos e nenas:

  • Confíen no seu RAZOAMENTO, porque terán potenciado e aceptado as súas respostas e reflexións.
  • Desenvolvan os seus TALENTOS e a súa responsabilidade porque haberá tido a oportunidade de potencialos na vida da aula.
  • Conservará a súa IMAXINACIÓN e creatividade, e as empregará como recursos na aprendizaxe, porque o traballo artístico é parte tamén da súa intelixencia.
  • Terá unha EXPRESIÓN VERBAL rica, porque terá traballado distintas canles de expresión e terá participado activamente en situacións de lectura compartida.
  • Estará no camiño de xestionar as súas EMOCIÓNS, porque participará da educación emocional de forma sistemática.
  • Iniciarase no PLURILINGÜISMO, porque se fomentará a expresión oral de contidos curriculares en distintos idiomas.
Esta tarefa tan gratificante que é acompañar no crecemento integral os nenos e nenas, non sería posible sen a colaboración das FAMILIAS. Todos e todas temos un obxectivo común: a FELICIDADE DOS NOSOS-VOSOS NENOS E NENAS.

Como se traduce todo isto na práctica?

  • Cun traballo PERSONALIZADO, tendo en conta a cada neno e nena, segundo as súas características e personalidade. 
  • Traballando por PROXECTOS, xa que recollemos na aula de maneira efectiva os principios educativos que para nós son máis importantes, traballando desde un enfoque globalizador, partindo das experiencias previas do alumnado e adaptándonos ás necesidades de cada un e cada unha...).
  • Promovendo unha aprendizaxe SIGNIFICATIVA dos nenos e nenas dunha maneira intencional e reflexiva.
  • Favorecendo que o noso alumnado chegue ó coñecemento a través dunha elaboración ACTIVA, sendo eles mesmos os que vaian construíndo o seu propio crecemento físico, intelectual, emocional, afectivo, social e cultural.
  • Traballando de forma COOPERATIVA como condición e instrumento para a inclusión, para o desenvolvemento da solidariedade e a cohesión social. A estrutura cooperativa da actividade na aula tamén permite o desenvolvemento de estratexias para a atención á diversidade.
  • Realizando ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS e SAÍDAS CULTURAIS dentro da xornada escolar e ó longo do curso formando parte do Proxecto Educativo Pastoral do Centro e da nosa Programación Xeral Anual.
  • Acompañando ós nenos e nenas un claustro de Infantil de sete mestras, con anos de experiencia na nosa labor e que o gran obxectivo que queremos acadar é a FELICIDADE DOS NOSOS ALUMNOS E ALUMNAS.
  • Apoiando a nosa práctica educativa en MATERIAIS DIDÁCTICOS diversos, é dicir, materiais específicos para cada idade, de creación propia, o proxecto KIDS de EDEBÉ 

Pódelo consultar en:

 

Topo e Bicho Bola. 3 anos. Cabra e bolboreta. 4 anos. Buho e Hamster. 5 anos
PUERTA FUERA 3 PUERTA FUERA 4 PUERTA FUERA