Plataforma Educamos
Plataforma de comunicación co centro



Educamos é a plataforma de xestión educativa e colexial que empregamos no centro. A través dela as familias e alumnos teñen acceso á información da marcha académica (calificacións, deberes, incidencias), información de secretaría e administración (circulares, recibos), xustificacion de faltas e incidencias, e acceso á unha conta Office 365 do cole. Para o primeiro acceso a través dun vídeo explícanse os pasos a dar. Calquera dúbida ou incidencia que xorda, non dubides en contactar ca secretaría do colexio presencialmente, por teléfono ou escribir ao correo secretaria@salesianosvigo.es
Aplicación Educamos para familias
Acceso ao correo: Outlook
Preguntas e respostas
Soluciona as dúbidas sobre a platafroma
?
Tódolos alumnos/as a partir de 5º de Primaria (estamos valorando dala en cursos anteriores…), pais, nais ou titores dispoñen dunha conta persoal e intransferible na plataforma Educamos. Os alumnos acceden a través do perfil Alumno que lles da unhas funcionalidades concretas; mentres que pais e titores acceden cun perfil diferente que lles da outros privilexios como son: a consulta de notas dos fillos/as, o seguimento de recibos, mensaxería interna co profesorado, xustificación de ausencias, etc.
Os primeiros datos de acceso á plataforma ás familias danse no colexio, ou ben a través do titor/a ou ben na secretaría do centro. O acceso á plataforma é persoal e intransferible. Por iso o damos en persoa. Sempre poñemos o exemplo das claves da tarxeta de crédito. Pedímosvos que gardedes o mesmo coidado. Para o alumnado, os datos de acceso danos os mestres-titores no centro, xunto coa formación sobre o uso da plataforma.
Para información detallada sobre o uso podes descargar a guía rápida para familias da plataforma Educamos. A continuación respondemos algunas das preguntas máis habituais…
Podes acceder a Educamos de diferentes xeitos; a través do enlace na páxina principal do cole, buscando en Google educamos salesianos vigo ou directamente no enderezo:
https://mauxiliadora-salesianos-vigo.educamos.com
Na páxina de Educamos explica os pasos para o primeiro acceso, e as preguntas frecuentes coas que te podes atopar nese proceso. De todos os xeitos, podes preguntar na secretaría do colexio.
Se esqueces o contrasinal, na páxina de acceso á plataforma, no formulario de inicio de sesión, tes un enlace chamado «Esquecín meus códigos de acceso» que permite xerar un novo contrasinal de caracter provisional.
Facendo clic sobre o enlace, o sistema guiarate polo proceso para rexenerar o contrasinal. Xenerará un contrasinal que recibirás no enderezo de correo electrónico que consta nos teus datos. Por iso é moi importante que no teu perfil de Educamos conste un correo electrónico. Coma sempre, poderás contactar ca secretaría se tes dificultades.
Cada canto tempo cambio o contrasinal?
Como medida de seguridade, a plataforma obriga a renovar o contrasinal unha vez ao ano.
Que tipo de contrasinal poño?
O que queiras, sempre e cando cumpra coas seguintes normas: mínimo 8 caracteres, e tres dos seguintes criterios: maiúsculas, minúsculas, números e símbolos. O contrasinal non pode coincidir co nome de usuario nin se poden repetir contrasinais anteriores.
A conta pódese bloquear por 3 motivos:
- Rexeneraches as claves e non iniciaches sesión nun prazo de 3 días.
- Non tiñas definida unha pregunta e resposta de seguridade.
- No tiñas indicado ningún email persoal na túa conta.
Debes poñerte en contacto ca secretaría do colexio e alí o solucionaremos.
Para editar o teu perfil, una vez iniciaches sesión, no panel de escritorio tes que facer clic no botón Mis Datos.
A continuación abrirase unha páxina con dúas lapelas: «Datos personales» e «Comunicación co centro»
Na lapela «Datos personales» pódense ver e editar os datos personais, así como os datos de contacto, dirección, foto de perfil e datos de acceso á plataforma (usuario, contrasinal e pregunta de seguridade).Lembramos: é Importante indicar un email.
Ao rematar, abonda con facer clic no botón Guardar y cerrar.
Para configurar as notificacións diarias, unha vez iniciada sesión, no panel da esquerda atoparás «Mis Datos» – «Información personal» que abrirá a túa información persoal en diferentes lapelas.
Na lapela Comunicación con el centro pódese activar a recepción de notificacións diarias por email. Así como indicar ou non o noso aniversario na plataforma.
Ao rematar, abonda con facer click no botón «Guardar«.
Educamos dispón dunha aplicación móbil para familias desde a que se pode xestionar o perfil da plataforma.
ATENCIÓN! Existen múltiples apps de Educamos para os distintos perfís de usuarios: Lembra que a aplicación móbil que necesitas é a de Familias, coa etiqueta da esquerda. Non confundir con outras apps existentes orientadas a mestres e persoal.
Para unha información detallada podes descargar a Guía da app de familias.
Que URL ou código teño que poñer?
O código do centro é o 740
A URL de acceso a Educamos:
https://mauxiliadora-salesianos-vigo.educamos.com
Onde a descargo?
Dependendo do mobil:
Si é iPhone, dende a App Store | Si é Android, dende Google Play Store |
![]() |
![]() |