Salesianos Vigo

O ensino con corazón

Somos unha escola para medrar e soñar

Portas Abertas: Infantil

Ven visitar a etapa e participa nas Portas Abertas

Ven visitar Primaria

Entrevistas e xornada de Portas Abertas

Coñece Bacharelato

Entrevistas e inscricións a partir do 1 de febreiro

A escola con Corazón

A nosa educación aséntase na idea fundacional de Xoán Bosco: todo neno e nena é fundamentalmente bó e ten dentro de si enerxías
capaces de transformar a historia e a sociedade.
A esta afirmación súmase a visión salesiana da vida, onde os valores evanxélicos da acollida, o respecto, a  cooperación, a ledicia e a creación dun clima de familia son fundamentais. A escola salesiana coida o ambiente creado dentro da escola, o traballo grupal e o acompañamento persoal.
Por iso a nosa é unha escola para medrar e soñar.

Unha proposta educativa que combina

Innovación e tradición educativa

Aprendizaxes activas

Enriquecemos o currículo con tarefas integradas e proxectos orientados a un traballo competencial.

en equipo

Organizandonos en equipos cooperativos e equipos colaborativos.

coidando a competencia lecto-escritora

Coa convicción de que a lectura e a escrita resultan fundamentais para o éxito académico.

integrando as ferramentas dixitais

Nun entorno de aprendizaxe híbrido que non esquece o lapiceiro e o papel

nun centro Plurilíngüe

En Castelán, Galego, Inglés e Francés. Somos Plurilingües en Primaria e Bilingües en ESO.

que educa co corazón.

En dúas dimensións: traballando as competencias emocionais do alumnado,e acompañandoo.

A tempo completo

Ademais dos servizos de madrugadores e comedor, a oferta do centro amplíase a tódolos tempos e intereses do alumnado: extraescolares, grupos de tempo libre,  clube deportivo escolar, catequese na Parroquia de María Auxiliadora, escola de inglés, e moito máis… 

Queres saber máis de nós?

Escríbenos e porémonos en contacto