Últimos Podcast
Escoita e descobre os programas da nosa radio.
O proxecto da radio
no marco do plan de innovación do colexio
O noso centro atópase inmerso nun proceso de transformación e innovación, que pretende dar resposta ás novas necesidades e actualizar e mellorar o proceso de ensinanza e aprendizaxe. O Plan de Innovación aposta por unha pedagoxía baseada no competencial e no experiencial, comprometida co mundo no que vivimos, na que o noso alumnado sexa o protagonista da súa propia aprendizaxe. Establece 4 ámbitos de intervención nos que nos que a Radio se integra e desenvolve:
aplicación de metodoloxías activas: tarefas e proxectos
Incorpora novas linguaxes e formas de produción nas tarefas e nos proxectos. Fomenta a realización proxectos interdisciplinares. Axudar a visibilizar e difundir as tarefas...
aprendizaxe Cooperativa
Facilita incorporar novos roles ou enriquecer os que xa existen. Fomenta o traballo en equipo e a cooperación. Mellora a convivencia e pon en práctica habilidades sociais (escoita activa, asertividade ou empatía).

uso xeneralizado de ferramentas dixitais
Permítenos incorporar novas linguaxes e formas de produción nas tarefas e nos proxectos.
mellorar da comprensión lectora e a capacidade para o tratamento da información
Formato novo para traballar a educación documental e a alfabetización múltiple. Fomentar habilidades de expresión escrita e de expresión oral, especialmente en lingua galega, xa que partimos dun entorno onde o castelán é a lingua predominante