Ir ao contido

Bacharelato

Preparados para a vida

Bacharelato

O Bacharelato ten por finalidade proporcionar ao alumnado a formación, a madurez intelectual e humana, os coñecementos e as habilidades que lle permitan desenvolver funcións sociais e incorporarse á vida activa con responsabilidade e competencia, así como capacitarse para o acceso á educación superior.

  • 16–18 anos
  • 2 itinerarios: Ciencias e Ciencias Sociais
  • PAU acceso á universidade
  • FP de grao superior
Alumnado de Bacharelato nunha actuación musical no teatro

Unha etapa para decidir o futuro

Unha etapa de ensino post-obrigatorio, dos 16 aos 18 anos, na que, de acadaren os obxectivos establecidos, o alumnado obtén o título de Bacharelato.

O título dá acceso á Formación Profesional de Grao Superior ou aos estudos universitarios a través da proba da PAU.

Plan de estudos

Ofertamos dous itinerarios. Abre cada curso para ver as súas materias. Non se desenvolverán aquelas materias que sexan escollidas por menos de 10 alumnos ou alumnas.

Itinerario de Ciencias · 1.º

Troncais xerais

  • Lingua castelá e literatura 3 h
  • Inglés 3 h
  • Filosofía 3 h
  • Educación física 3 h
  • Lingua galega e literatura 3 h

Troncal de modalidade

  • Matemáticas I 4 h

Troncais de opción

  • Física e química 4 h
Escoller 1
  • Bioloxía, xeoloxía e ciencias ambientais 4 h
  • Debuxo técnico 4 h

Materias específicas

  • Relixión 1 h
Escoller 1
  • TIC 4 h
  • Cultura científica 4 h
  • Francés 4 h

Itinerario de Ciencias · 2.º

Troncais xerais

  • Lingua castelá e literatura 3 h
  • Inglés 3 h
  • Historia da filosofía 3 h
  • Historia de España 3 h
  • Lingua galega e literatura 3 h

Troncal de modalidade (escoller 1)

  • Matemáticas II 4 h
  • Matemáticas aplicadas ás ciencias sociais II 4 h

Troncais de opción

Escoller 1
  • Bioloxía 4 h
  • Debuxo técnico II 4 h
Escoller 1 ou 2 *
  • Química
  • Física

Materias específicas

  • Relixión 1 h
Escoller 1 ou ningunha *
  • TIC II 4 h
  • Psicoloxía 4 h
  • Empresa e deseño de modelos de negocio 4 h
  • Historia da arte 4 h
  • Xeografía 4 h
  • Francés 4 h

* A elección de materia específica está condicionada polas troncais de opción escollidas (2 ou 3). No caso de 3, non poderá matricularse doutra materia específica. No caso de poder, escóllese unha destas combinacións: Química con Empresa e deseño de modelos de negocio; Bioloxía ou Debuxo técnico II con Xeografía; Física con Psicoloxía, TIC II, Historia da arte ou Francés.

Itinerario de Ciencias Sociais · 1.º

Troncais xerais

  • Lingua castelá e literatura 3 h
  • Inglés 3 h
  • Filosofía 3 h
  • Educación física 3 h
  • Lingua galega e literatura 3 h

Troncal de modalidade (escoller 1)

  • Latín 4 h
  • Matemáticas aplicadas ás ciencias sociais 4 h

Troncais de opción

  • Historia do mundo contemporáneo 4 h
  • Economía 4 h

Materias específicas

  • Relixión 1 h
Escoller 1
  • TIC 4 h
  • Cultura científica 4 h
  • Francés 4 h

Itinerario de Ciencias Sociais · 2.º

Troncais xerais

  • Lingua castelá e literatura 3 h
  • Inglés 3 h
  • Historia da filosofía 3 h
  • Historia de España 3 h
  • Lingua galega e literatura 3 h

Troncal de modalidade (escoller 1)

  • Latín II 4 h
  • Matemáticas aplicadas ás ciencias sociais II 4 h

Troncais de opción (escoller 2 ou 3)

  • Empresa e deseño de modelos de negocio 4 h
  • Historia da arte 4 h
  • Xeografía 4 h

Materias específicas

  • Relixión 1 h
Escoller 1 ou ningunha *
  • TIC II 4 h
  • Psicoloxía 4 h
  • Francés 4 h

* A elección de materia específica está condicionada polas troncais de opción escollidas (2 ou 3). No caso de 3, non poderá matricularse doutra materia específica.

Admisión para o curso 26-27

Visitas á etapa o 15 e o 22 de febreiro, ás 18:30 h. Presentación de solicitudes ata o 1 de marzo. Consulta o proceso de admisión

Documentación da etapa

Visita o Bacharelato

Presentámosche a etapa, os itinerarios e as opcións de futuro nas xornadas de portas abertas, ou nunha entrevista persoal.

👋 Coñécenos📅 Pide a túa cita

WhatsApp