Procedemento de admisión de alumnado 2023/2024
- Actualizado a 24 de febreiro 2023 -
Información xeral do proceso
O día 1 de marzo comeza o prazo para a presentación de solicitudes de admisión para o próximo curso nas etapas concertadas. O prazo ordinario remata o día 20 do mesmo mes. A continuación podes consultar a información detallada e nos adxuntos atoparás a documentación do proceso.
NORMATIVA REGULADORA
• Orde do 21 de outubro de 2022
GARANTÍA DE PERMANENCIA
• Sen prexuízo desta garantía, os pais, nais ou titores do alumnado, poderán presentar unha solicitude de admisión noutro centro educativo. O alumnado escolarizado nun centro SÓ PERDERÁ O DEREITO DE PERMANENCIA SE RESULTA ADMITIDO NO NOVO CENTRO.
• Só se poderá presentar unha única solicitude no centro de primeira opción, no caso de incumprilo, perderase a prioridade.
• O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicar a renuncia á reserva antes do 28 de febrero.
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR
• A solicitude, mediante o impreso (ED550B), que podes descargar dende o 1 de marzo en https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ ou se o prefires, facilitarase gratuitamente en papel no centro.
• DNI do alumno.
• Certificado de matrícula do centro de orixe.
• Libro de familia onde figure o alumno e os demais membros da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, resolución xudicial correspondente onde figure a custodia do alumno.
LUGAR DE PRESENTACIÓN
Preferiblemente online en https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/, ou ben presencialmente na secretaría do centro.
CAL É A MIÑA ZONA?
Podes consultala na web da Xunta de Galicia de Centros Educativos ou na web do Concello de Vigo: escolas.vigo.org seleccionando a zona de Infantil e Primaria ou no seu caso a zona de ESO, e introducindo o teu enderezo ou lugar de traballo.
PUNTUACIÓN COMPLEMENTARIA DO CENTRO
O criterio complementario establecido polo noso centro cunha puntuación de 1 punto, será ter persoa proxenitora, titora ou acolledora ou acolledor antiga alumna dalgún centro da Congregación Salesiana.
Calendario xeral do proceso
Antes do 1 de marzo. No noso caso son:
Infantil
4º Infantil (3 años)………….. 50
5º Infantil (4 años)………….. 27
6º Infantil (5 años)………….. 23
Primaria
1º EP………………………… 20
2º EP………………………… 0
3º EP………………………… 8
4º EP………………………… 0
5º EP………………………… 2
6º EP………………………… 0
ESO
1º ESO………………………. 3
2º ESO………………………. 4
3º ESO………………………. 1
4º ESO………………………. 0
Do 1 ao 20 de marzo. Ambos inclusive.
Aínda que preferiblemente presentarase xunto coa solicitude do 1 ao 20 de marzo, pode presentarse ata o 2 de abril.
25 abril. O prazo para formular reclamación ante a titularidade do centro é dentro dos cinco días hábiles contados a partir do seguinte á súa publicación.
15 de maio. Contra elas poderá formularse reclamación ante o titular da xefatura territorial no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á publicación.
- INFANTIL E PRIMARIA: do 20 de xuño ao 30 de xuño
- ESO: do 23 de xuño ao de 7 xullo