Con curiosidade e alegría
Educación Secundaria Obrigatoria
Un espazo seguro no que adquirir elementos fundamentais da cultura nos eidos humanístico, artístico, científico e tecnolóxico. Como continuación natural da Primaria, nesta etapa afiánzanse hábitos como o lector, o do traballo en equipo ou o da superación individual, e iníciase o percorrido cara ás escollas vocacionais e o proxecto vital.
- 1.º a 4.º de ESO
- 4 linguas: castelán, galego, inglés e francés
- 1×1 Chromebook en toda a etapa
- 2 itinerarios en 4.º

A etapa
O interese primordial do ensino obrigatorio é o pleno desenvolvemento da personalidade de cada alumna e de cada alumno e a súa formación integral: intelectual, física, social, psicolóxica, afectiva, ética e moral.
Ademais das disciplinas curriculares, a educación para a paz, para a igualdade, para a interculturalidade, para a ecoloxía, para a saúde e para o consumo, artelladas en torno á educación cristiá do século XXI, buscan formar cidadáns tolerantes e críticos, sensibles e comprometidos co seu tempo. Cobran especial importancia a educación en valores e o desenvolvemento das intelixencias interpersoal e intrapersoal.
Traballamos en dúas direccións
Cara a dentro
- Desenvolvendo a capacidade de ver quen somos, como somos, que queremos, que sentimos e por que.
- Desenvolvendo a capacidade humana de darlle un sentido trascendente á vida.
- Desenvolvendo a sensibilidade pola literatura, o teatro, a música ou a pintura. En definitiva, pola beleza.
Cara a fóra
- Mediante tarefas interdisciplinares que se inspiran na realidade próxima.
- Mediante a normalización do traballo dixital, como canle de adquisición, intercambio e produción de información.
- Mediante a exposición pública e cotiá do traballado: radio escolar, teatro…
- Mediante o traballo cooperativo, que crea unha comunidade de aprendizaxe na que se valoran a diversidade, a colaboración e a empatía.
Plan de estudos
1.º ESO
Materias comúns
- Lingua castelá e literatura 3 h
- Lingua galega e literatura 4 h
- Obradoiro de lingua galega 1 h
- Inglés 3 h
- Matemáticas 4 h
- Obradoiro de matemáticas 1 h
- Xeografía e historia 3 h
- Educación física 2 h
- Tecnoloxía e dixitalización 3 h
- Bioloxía e xeoloxía 3 h
- Educación plástica, visual e audiovisual 2 h
- Segunda lingua estranxeira: francés 2 h
Ensino da relixión (escoller)
- Relixión 1 h
- Proxecto competencial 1 h
Acción titorial
- Titoría 1 h
2.º ESO
Materias comúns
- Lingua castelá e literatura 3 h
- Obradoiro de lingua castelá 1 h
- Lingua galega e literatura 3 h
- Inglés 3 h
- Matemáticas 4 h
- Obradoiro de matemáticas 1 h
- Xeografía e historia 3 h
- Educación física 2 h
- Tecnoloxía e dixitalización 3 h
- Física e química 3 h
- Música 2 h
- Segunda lingua estranxeira: francés 2 h
Ensino da relixión (escoller)
- Relixión 1 h
- Proxecto competencial 1 h
Acción titorial
- Titoría 1 h
3.º ESO
Materias comúns
- Lingua castelá e literatura 3 h
- Lingua galega e literatura 3 h
- Inglés 3 h
- Matemáticas 4 h
- Xeografía e historia 3 h
- Educación física 2 h
- Educación plástica, visual e audiovisual 2 h
- Física e química 2 h
- Música 2 h
- Bioloxía e xeoloxía 2 h
- Educación en valores cívicos e éticos 2 h
Ensino da relixión (escoller)
- Relixión 1 h
- Proxecto competencial 1 h
Optativas (escoller 1)
- Segunda lingua estranxeira: francés 3 h
- Cultura financeira 3 h
- Cultura clásica 3 h
Acción titorial
- Titoría 1 h
4.º ESO
Materias comúns
- Lingua castelá e literatura 3 h
- Lingua galega e literatura 3 h
- Inglés 3 h
- Xeografía e historia 3 h
- Educación física 2 h
Matemáticas (escoller 1)
- Matemáticas A, enfocadas á FP 4 h
- Matemáticas B, enfocadas ao Bacharelato 4 h
Itinerario científico
- Dixitalización 3 h
- Física e química 2 h
- Bioloxía e xeoloxía 2 h
Itinerario de humanidades e ciencias sociais
- Dixitalización 3 h
- Economía e emprendemento 3 h
- Latín 3 h
Optativas (escoller 1)
- Segunda lingua estranxeira: francés 3 h
- Expresión artística 3 h
- Oratoria 3 h
Ensino da relixión (escoller)
- Relixión 1 h
- Proxecto competencial 1 h
Acción titorial
- Titoría 1 h
Proxectos da etapa
Radio escolar
Moitas tarefas e actividades de aula convértense en programas de radio: difusión do traballo e competencia lecto-escritora a un tempo. Escoitar a radio
Grupos cooperativos
O alumnado organízase en grupos cooperativos, tanto para o traballo das materias como para o acompañamento emocional. Saber máis
1×1 con Chromebooks
En todos os cursos da ESO empregamos un Chromebook propiedade do alumno e o contorno de Google como espazo de consulta, creación de contidos e comunicación. Saber máis
Plan de convivencias
Organizadas dende o departamento de pastoral: todos os cursos dedican dous ou tres días ao ano ás xornadas de convivencias cristiás.
Plurilingüismo
Conviven o castelán, o galego, o inglés e o francés: música en inglés de 1.º a 3.º, francés optativo de 1.º ESO a 2.º de Bacharelato, horas de lectorado e unha semana de inmersión lingüística en países anglófonos.
Documentación da etapa
Queres coñecer a ESO por dentro?
Ven ás xornadas de portas abertas ou pide unha entrevista persoal para resolver as túas dúbidas sobre a etapa.






















