AMBIENTE SEGURO
Ambientes seguros para a protección de nenos, nenas, adolescentes, mozos e mozas

A casa Salesianos-Vigo, pertence á Inspectoría Salesiana “Santiago o Maior” (www.salesianos.es ), da Congregación Salesiana. Forma parte dun conxunto de obras educativas, estendidas polas Comunidades Autónomas de Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco, A Rioxa, Navarra, Castela e León, Madrid e Castela a Mancha.
A maior parte dos destinatarios da nosa casa son nenos e nenas e adolescentes, todos eles menores de idade. O sistema salesiano desde o que lles educamos é o denominado Sistema Preventivo de Don Bosco. Este Sistema desenvolvémolo mediante:
- A presenza de cada educador a cada educando, desde a proximidade, o coñecemento e o respecto;
- A oferta dunha experiencia educativa ampla, rica en propostas, que se desenvolve nun marco de Ambiente Seguro para o menor.
A nosa política é, desde o noso propio carisma educativo salesiano, a de protección e coidado dos menores. Todos os educadores da nosa casa están comprometidos a desenvolver este sistema de Ambiente Seguro para a promoción integral dos nenos e mozos que as familias nos han confiado. Con esta finalidade, desenvolvemos experiencias de prevención e formación, e dispoñemos dunha comisión local de protección para os momentos de intervención.
Temos un Código de Conduta, como norma reguladora das posibles infraccións á nosa política de protección e de creación de contornas seguras para os menores atendidos na nosa Casa. O correo da casa ao que poder acudir para cuestións referentes a este tema é: proteccion@salesianosvigo.es
Dende este espírito preventivo, ofrécese o presente “Código de Conduta” coa intención de que nas presenzas educativo-pastorais da Inspectoría Salesiana “Santiago el Mayor”, todos os educadores e toda persoa en contacto con Menores e Adultos Vulnerables se comprometa en garantizarlles un espazo seguro, un trato digno e un ambiente positivo de crecemento persoal integral.
~Descarga o código de conduta
Establécese como CANLE DE DENUNCIA o correo electrónico proteccion@salesianosvigo.es A través desta canle pódense comunicar as condutas que poidan implicar algunha irregularidade ou acto contrario á legalidade ou as normas de actuación de dito Código; ou para consultar dúbidas que puidesen xurdir sobre a súa interpretación. Esta Canle de Denuncia será de comunicación directa co responsable, e será de obrigada resposta.
Canle de denuncia: proteccion@salesianosvigo.es
A Inspectoría Salesiana conta cun Código Ético no que se plasma un marco delimitado para o desenvolvemento das funcións e actividades das persoas contratadas polo centro ou daquelas que colaboran como voluntarias ou contratadas por terceiros, e que configura a declaración expresa dos principios e criterios da acción educativa salesiana e da súa achega á sociedade.