OFERTA A TEMPO COMPLETO
Actividades Extraescolares
A oferta da Escola Salesiana vai máis aló do tempo lectivo, e propón actividades e grupos que atendan a tódolos tempos do alumnado dende un mesmo proxecto educativo, de forma complementaria e coordinada, na procura da Educación Integral. O noso cole nunca pecha, e en especial o patio, aberto de luns a domingo.
- DURACIÓN e HORARIOS: Comezan o primeiro día lectivo de outubro e rematan o último día lectivo de maio. Ofértanse actividades de luns a xoves de 12:30 a 13:30 e de 17:30 en diante.
- ALTAS e BAIXAS: Calquera alta ou baixa durante o curso deberá facerse por escrito, cubrindo o correspondente impreso que se solicitará en Abertal, procurando que sexa ao final de cada trimestre.
- CRITERIOS DE ADMISIÓN: Nas actividades con límite de alumnado, as prazas cubriranse priorizando ao alumnado que xa estaba participando o curso anterior.
- PROCESO DE MATRÍCULA: En xuño faise a preinscrición de cara ao curso seguinte. Tendo en conta a demanda en setembro péchanse os grupos.
Podes descargar o folleto do curso 19-20 e a ficha de inscrición. A xestión diaria das actividades extraescolares faise a través do Centro Xuvenil Abertal.
Actividades e horarios
Nesta actividade trabállase a expresión corporal, danza, elasticidade… E facemos coreografías que axudan a desenvolver o oído musical, a psicomotricidade e a memoria corporal.
- G.1 Martes e Xoves 12,30 - 13,30 EI
- G.2 Luns e Mércores 17,30 - 18,30 EP e ESO.
Aprendemos de forma divertida para descubrir o artista que todos levamos dentro
- G.1 Luns e Mércores 12,30 - 13,30 1ºa 3º de EP.
- G.2 Martes e Xoves 12,30 - 13,30 4º a 6º de EP
Bailes, cancións, música e Xogos en inglés de xeito que nos divertimos e, ao mesmo tempo, facémonos máis competentes no dominio da lingua inglesa
- G.1 Luns e Mércores 12,30 - 13,30 EP
- G.2 Martes e Xoves 12,30 - 13,30 EP
Mantendo os contidos da actividade de Música (danzas populares, construcción de instrumentos, manipulación de instrumentos clásicos, desenvolvemento da sensibilidade musical...), ampliamos o concepto da mesma introducindo o xogo dramático, moi ligado á música e á expresión
corporal.
- G.1 Martes e Xoves 12,30 - 13,30 EI 1º-2º
Non nos centramos nun único deporte: traballamos fútbol, baloncesto, tenis, hockey, balonmán, atletismo,
escalada, cómo botar o balón, lanzamentos, carreira, salto de lonxitude e altura … ademais do equilibrio, saber movernos...
- G.1 Luns e Mércores 12,30 - 13,30 EI
- G.2 Martes e Xoves 17,30 - 18,30 EI - 1º e 2º EP
O kung fu Di Som, desenvolve as cualidades físicas e
coordinativas, a autodisciplina, a Concentración e habilidades de autodefensa.
- G.1 Martes e Xoves 12,30 - 13,30 5º- 6º EI - 1º-3º EP
- G.2 Martes e Xoves 17,30 - 18,30 3º -6º EP - ESO
Xogos, obradoiros, dinámicas, contos, cancións, … en inglés, para xogar e divertirse.
- G.1 Luns e Mércores 12,30 - 13,30 EI
- G.2 Martes e Xoves 12,30 - 13,30 EI
Conxúgase a danza e a expresión corporal co patín.
Esta actividade precisa vestiario específico, patíns e
bolsa.
- G.1 Luns e Mércores 12,30 - 13,30 EI EP
- G.2 Luns e Mércores 17,30 - 18,30 EI EP ES
Trabállanse as regras e fundamentos do xadrez de forma divertida.
- G.1 Luns e mércores 12,30 - 13,30 EI EP
Clube deportivo
Sección futbol sala
Organízanse diferentes equipos, cun máximo de 12 xogadores/as por equipo.
- MINIS MIXTO (Escola Deportiva): os luns e mércores de 17:30 – 19:00
- PREBENXAMÍN MIXTO: os martes exoves de 17:30 – 19:00
- BENXAMÍN MIXTO: os luns e mércores de 17:30 – 19:00
- ALEVÍN MIXTO: os martes e xoves de 17:30 – 19:00
Sección baloncesto
Ofértanse equipos de Infantil a Senior, tanto Masculinos como Femeninos. Os horarios de adestramento decídende cada ano, seno os horarios nas franxas de 12:30 a 13:30 ou a partir das17:30h.
O clube colabora tamén co colexio Don Bosco, Salesianas de Coia.
Escola de Idiomas

A oferta de actividades de Inglés faise en colaboración con SYNERGY DIDACTIC, ofértanse grupos de escola de inglés en diferentes formatos e horarios:
- Basic: Inglés. Grupos de Infantil, Primaria e ESO. 1 sesión/semana. 17:40-19:00
- PLUS: Inglés, Francés, Alemán e Italiano. Grupos de Infantil, Primaria e ESO. 2 sesións/semana. 12:40-13:30
- EXAM: Inglés. Grupos de ESO e Bacharelato. Orientados a preparar o exame CAMBRIDGE. 1 sesións/semana. 16:30-18:20,