Ir ao contido

Admisión en Bacharelato

  • 1 de marzo fin do prazo de solicitudes
  • 15 e 22 de febreiro visitas á etapa, ás 18:30 h
  • 8 de marzo comunicación de praza
  • 9–15 de marzo reserva de praza

O proceso: datas e información clave

Abre cada apartado para ver os detalles. Accede á sección de Bacharelato para coñecer as características propias da etapa no noso centro.

Presentación de solicitudes: ata o 1 de marzo

Para participar no proceso de matrícula hai que cubrir o documento de solicitude do centro e achegar o boletín de notas de 3.º da ESO.

Pódese entregar na secretaría ou por correo electrónico a secretaria@salesianosvigo.es.

A presentación non compromete a matricularse: unicamente manifesta o interese en participar no proceso. O prazo remata o 1 de marzo.

Coñécenos: visitas á etapa o 15 e o 22 de febreiro

Organizamos dúas xornadas para visitar e coñecer a etapa, os días 15 e 22 de febreiro, ás 18:30 h. Faremos un percorrido pola etapa e remataremos cun momento conxunto de atención de dúbidas e de presentación dos itinerarios de Bacharelato e da PAU.

Tamén podes solicitar unha entrevista personalizada a través do formulario de solicitude de información.

Criterios de asignación de prazas

Unha vez rematado o proceso de reserva de praza do alumnado de 4.º da ESO do centro, procederase á asignación das prazas vacantes entre os solicitantes. Para a asignación teremos en conta unha combinación de diversos criterios:

  • Irmás ou irmáns que cursan ou cursaron estudos no centro (criterio preferente).
  • Modalidade de Bacharelato que solicita: priorizarase facer itinerarios compensados.
  • Centro de procedencia: ten preferencia o alumnado procedente do Colexio Don Bosco (Salesianas) e do Colexio Plurilingüe «El Pilar» (Maristas). Nun segundo momento, o alumnado de centros concertados de Escolas Católicas.
  • Relación coa familia salesiana: pai ou nai antigo alumno, ou familiares con vinculación á familia salesiana.
  • Cualificacións de 3.º da ESO.

Comunicación de admitidos e reserva de praza

  • 8 de marzo: o centro comunica a dispoñibilidade da praza ou, de ser o caso, o posto na lista de espera.
  • Do 9 ao 15 de marzo: formalízase a reserva, cun custo de 250 euros para 1.º de Bacharelato.

No caso de non confirmar a reserva, perderase a praza e correrá a lista de agarda.

Formalización da matrícula: finais de xuño

A finais de xuño poderás formalizar a matrícula entregando a documentación completa. As datas concretas comunicarémolas con antelación.

Non hai custos suplementarios aos 250 € xa dispostos. Só terás que pagar, se así o consideras, a cota da ANPA e o Fondo de Axuda Social.

No caso de non formalizar a matrícula

Perderíase a praza. O importe da reserva non será devolto agás se as causas son:

  • non titular en 4.º da ESO;
  • traslado de domicilio fóra de Vigo;
  • cursar 1.º de Bacharelato fóra de España.

A solicitude de devolución farase no centro e acreditarase documentalmente a causa.

Información xeral

Tes dúbidas?

Escríbenos ou pide unha entrevista personalizada e axudarémoste en todo o que precises.

👋 Coñécenos🎓 Coñece Bacharelato📅 Pide a túa cita

WhatsApp