SALESIANOS DIXITAL

Proxecto 1×1 con Chromebooks a partir de 5º de Primaria
Desde o curso 16/17, desenvolvemos un proxecto a partir de 5º de Primaria que implementa o uso de dispositivos dixitais 1×1 na aula (propiedade de cada alumno ou alumna). Na proposta pedagóxica que sustenta o proxecto, o dispositivo é unha ferramenta que se enmarca nun abano máis amplo de recursos e actividades, orientadas a un desenvolvemento máis competencial do alumnado. Neste marco, a dinámica de aula non xira en torno ao dispositivo, senon que este engádese como vía de acceso a contidos e recursos dixitais, facilitando o traballo en equipo, e ferramenta para creación de contido.
Dispositivo Chromebook

Os modelos propostos para este ano son dous Chromebooks da marca Acer, de distintos tamaños pero semellantes en prestacións. Un é o C936 de 14″ e o outro un C723 de 11,6”. Consideramos suficiente este último, xa que non van facer tarefas intensivas cos equipos, ademáis, na casa sempre poderán conectalo a un monitor mais grande. Inda así, se o considerades, tendes a opción de 14″.

""
Entorno Google Suite
Conta educativa no dominio @aulasalesianosvigo.es con moitas vantaxes.
""
Servizo de xestión e administración
Desde o colexio asumimos todas as intervencións relacionadas cos Chromebooks.
Recursos dixitais
Libros, aplicacións e recursos de elaboración propia configuran o novo entorno de recursos.
""

Condicións de compra e instruccións para o curso 24-25

O noso proveedor é a empresa Xenon, distribuidor e servizo técnico oficial da marca Acer. A compra do dispositivo faise directamente a través deles, na súa páxina web https://proyectos.xenon.es e utilizando o código SALVIGO24
 
É importante utilizar este código, para asociar a compra ao noso centro, xa que os equipos chegarán directamente ao noso colexio e entregarémolo nos ao alumnado no mes de setembro.

Ofrecen a posilibidade de contratar unha ampliación de garantía estendida durante 3, 4 ou 5 anos, que cubre prácticamente calquer accidente co equipo. As roturas de pantalla teñen unha franquicia de 30€. Nos recomendamos a contratación desta garantía, pero é unha decisión que debedes tomar vos.

O proceso de compra é sinxelo. Tendes que acceder á web anterior e rexistrarvos cos vosos datos. Despois debedes rexistar a cada fillo ou filla que teñades (só os que precisen comprar o equipo) e poñer o código do colexio SALVIGO24

Despois tendes que elixir o Chromebook e a estensión da garantía si así o considerades.

Se tedes calquera dúbida, podedes contactar con nos a través de WhatsApp facendo clic aquí, enviándonos un correo a info@aulasalesianosvigo.es ou na páxina de axuda de Xenon.

Tarifas IVE incluído, curso 2024-2025

  • Acer C936 de 14 pulgadas, 367,03€
  • Acer C723 de 11,6 pulgadas, 323,47€
  • Estensión de 3 anos, 54,45€
  • Estensión de 4 anos, 66,55€
  • Estensión de 5 anos, 95,59€

Estos prezos xa incluyen a licenza de Google por un importe de 42€, necesaria para poder utilizar os equipos nas clases, xa que con ela, aplicamos diferentes políticas de uso no día a día de uso dos dispositivos.

*** Posibilidade de financiar o pago cuns pequenos intereses

Opcións entre 3, 6, 10 ou 12 meses. Por exemplo, para un importe total de 367,03€, os custos finais serían os seguintes:

  • Por 3 meses, o total serían 370,70€
  • Por 6 meses, o total serían 374,37€
  • Por 10 meses, o total serían 378,04€
  • Por 12 meses, o total serían 378,04€

Especificacións técnicas:

""
""

Os dous equipos son moi resistentes e están pensados para o ámbito da educación, deseñados para ser usados por nenos e nenas.

""

Recursos dixitais

Aplicacións, libros, plataformas dixitais, recursos de creación propia…

""

Entorno Google Suite

Todo o alumnado ten un usuario no dominio @aulasalesianosvigo.es co que ten acceso ás aplicacións de Google. Esta conta acompáñalle durante toda a súa escolarización no centro.

Aplicacións para co-crear: documentos, presentacións, sites… e Google Classroom como ferramenta de comunicación e centro de aprendizaxe das materias.

Libros e recursos dixitais

Dende o centro encargámonos da compra, xestión e instalación das licencias dixitais dos diferentes cursos e libros.

""
""
""
""

Servizo de xestión

Xestión integral dos dispostivos, desde as incidencias técnicas á conectividade na casa.

Desde o centro asumimos a xestion de tódalas intervencións relacionadas cos dispositivos. Este servizo ten un custo total de 200€, que se aboarán en cotas mensuais de 20 € dende setembro de 2024 ata xuño de 2025. O servizo inclúe:

Libros e recursos dixitais
Compra e instalación de libros e recursos dixitais: diferentes en función dos cursos.
Administración dos dispositivos
Instalar e desinstalar aplicacións e recursos, medidas de seguridade, acceso restrinxido a internet… tanto no centro como atendendo ás peticións das familias.
Servizo de botiquín e averías
Xestión das averías, en caso necesario, ante a empresa fabricante e  cesión, en réxime de empréstito, dun dispositivo substituto dende o primeiro momento. 
Xestión de incidencias
Contamos cun profesional adicado a asesorar e solucionar tódalas posibles incidencias que se poidan dar nestes dispositivos e noutros complementarios, tanto no propio centro coma no domicilio.

Preguntas frecuentes

Si, a non ser que se trate dunha circunstancia excepcional que deberíamos falar. Entendemos que estes dispositivos con estas características son a opción do centro e non se atopan máis baratos noutros sitios (tendo en conta que debemos engadir ao custo a licenza de Google).

Si, por suposto. Aínda que os tempos de recepción (setembro) e o prezo non os podemos garantir.

Non. Pero recomendamos facela, se ben entendemos que é unha valoración de risco que corresponde a cada familia. Para os que fagan a extensión, o centro asume o papel de facer as xestións no caso de incidente e ceder un equipo de substitución durante o tempo de reparación.

Si. As aplicacións de Google Suite e os recursos dixitais que empregamos non requiren de moita capacidade de proceso. 

Pola nosa experiencia, consideramos que a de 11,6″ é un tamaño de pantalla axeitado para un rapaz. Ademáis, o seu peso non suporá un esforzo e caberá perfectamente na mochila. Na casa, tamén podería conectar o Chromebook a unha pantalla maior.

É unha ferramenta para acceder a contidos on line, a libros dixitais almacenados no dispositivo, acceso a ferramentas de traballo colaborativo e aplicacións educativas.

A dinámica de aula non xira todo o tempo ao redor do dispositivo, do mesmo xeito que neste momento non xira en torno ao libro. Inclúe diferentes formas de traballo en función dos cursos e das materias. Nese marco o dispositivo ten un papel como ferramenta.

Si, non afectará, sobre todo porque o papel e a escritura van seguir tendo un rol importante ao longo de todo o período de escolarización. O que non é viable é ao revés, mellorar a competencia dixital sen acceso ao dispositivo.

Si, pero non con toda a súa potencialidade, xa que se perde o acceso a contidos e aplicacións on line. Por outra parte, os libros dixitais de EDEBÉ poderán descargarse en local, así como todas as aplicacións de creación da conta de Google (editor de texto, editor de presentacións, base de datos…) e todos os documentos que se vaian crear, que serán descargados e, posteriormente, sincronizados.

Se tedes calquera dúbida, podedes contactar con nos a través de WhatsApp facendo clic aquí ou enviándonos un correo a info@aulasalesianosvigo.es

Tamén si o preferides podedes chamar ao colexio, no 986.433.855

Para cuestións de índole pedagóxicas preguntade por Humpty e para preguntas técnicas, por Iván.