SISTEMA DE CALIDADE

"Comprometidos coa calidade e a excelencia académica"

No colexio Salesiano «María Auxiliadora» de Vigo traballamos baixo un Sistema de Xestión de Calidade baseado na Norma ISO 900:2015 e certificado por APPLUS.

O sistema implantouse no 2005, e dende entón, en coordinación cos outros Centros Salesianos da antiga Inspectoría Salesiana con sede en León, fomos mellorando ano tras ano na sistematización dos procedementos do centro. No momento actual formamos parte dun sistema de calidade multisite que abrangue aos 36 colexios da Inspectoría «Santiago el Mayor» con sede en Madrid.

O Sistema de Calidade

Política de Calidade

O noso colexio pon o alumnado no centro da súa acción educativa na procura da formación da persoa segundo as ensinanzas de Don Bosco: axudar á mocidade a ser “honrados cidadáns e bos cristiáns”.

Manual de Calidade

O manual de calidade abrangue todos os procesos incluídos no sistema de Garantía Interno de Calidade. O ámbito de aplicación son todas as etapas educativas do centro e a oferta de servizos.

Certificación

APPLUS, empresa externa ao centro, certifica anualmente o bo funcionamento do sistema.

Este buzón ten por obxectivo permitir a todo os membros da comunidade educativa, alumnado, familias, claustro, e persoal, trasladar as súas suxestións, queixas, reclamacións, agradecementos e consultas sobre calquera das actividades desenvoltas no centro. Desta forma, preténdese facilitar a comunicación co centro e ofertar un servizo máis eficaz na procura da mellora da Calidade.

  • Calidade da subministración (40%). Mide o grao de cumprimento do provedor coas especificacións definidas polo centro educativo (ata que punto subministrou exactamente o material ou servizo solicitado e se cumpre cos estándares de calidade requiridos). Deben terse en conta os resultados dos controis de recepción e as posibles incidencias que o produto subministrado puidese xerar ao ser utilizado polo centro educativo.

  • Prazos de entrega (20%). Mide o grao de cumprimento do provedor cos prazos de entrega establecidos. Este criterio é importante, xa que un atraso na entrega de materiais pode chegar a paralizar a actividade diaria do centro.

  • Flexibilidade (20%). Reflicte o grao de adaptación do provedor ás necesidades do centro. Por exemplo, a capacidade de responder a un pedido urxente e imprevisto, ou a modificación (ampliación ou redución) dun pedido se fose necesario.

  • Fiabilidade (10%). Avalía a relación administrativa co provedor: a calidade das súas ofertas, a fiabilidade dos seus albarás e facturas, o cumprimento dos prazos de facturación, a xestión de reclamacións, as modificacións de pedidos ou os prazos de pagamento, etc.

  • Competitividade (10%). Avalía a relación calidade-prezo do provedor.