SECRETARÍA

Servizo de Administración e Secretaría

Dende a secretaría atenderemos tódalas demandas relacionadas con:

  • Información xeral do centro.
  • Solicitude de admisión a Infantil, Primaria, ESO, Bacharelato e reservas de praza.
  • Matrícula: solicitude, baixas e renuncias, exencións, traslados…
  • Solicitude de Títulos.
  • Certificacións Académicas e de matrícula: podes solicitalos por teléfono ou vía mail, e tentaremos emitilos para o día seguinte.
  • Bolsas e axudas.

Horario de mañá: de Luns a venres de 9:00-13:00h, e horario de tarde os luns de 16:30 a 18:30h

Contáctanos a través do teléfono 986.433.855 ou do enderezo secretaria@salesianosvigo.es

Xestións e trámites ordinarios

Accede aos procedementos ordinarios máis habituais:

Co obxectivo de clarexar e facilitar o procedemento en casos nos que sexa necesario administrar mediación a un alumno en horario lectivo, temos establecido un sinxelo procedemento que ser resume nos seguintes pasos:

1. O pai/nai ou titor do alumno/a ten que facer unha solicitude por escrito dirixida ao Equipo Directivo do Centro.

2. Ten que cubrir unha «autorización expresa» e por escrito da nai, pai, titor ou titora, segundo modelo do Centro, e fotocopia do DNI da persoa responsable.

3. Informe médico no que apareza: A causa da administración do medicamento, a dosificación, hora de administración,  duración do tratamento, condicións de conservación do medicamento, procedemento en caso de inxesta accidental ou sobredose, outra información que poida ser útil para a administración e/ou conservación

4. A dirección do centro avaliará a petición e poderá pedir máis informes ou datos dos aquí reflectidos para unha maior coordinación e xestión da mesma.

5. De tratarse de medicacións que se prolongan ao longo de distintos anos académicos, deberase proceder a renovar a solicitude en cada ano académico.

Para calquera aclaración  ou comentar situacións concretas non dubides en porte en contacto co centro, preferentemente a través do Titor/a.

  Autorización administración de medicamentos

A través da plataforma Educamos podes comunicar e xustificar calquera ausencia dun alumno ao centro. Se por algunha situación non poideras empregar a plataforma, e precisas comunicar e autorizar unha ausencia podelo facer a través do seguinte  aviso de ausencia

Os accidentes producidos no tempo da xornada escolar e nas actividades unidas ao mesmo serán atendidos, presentando o parte colexial de accidente (solicitalo aos Directores Pedagóxicos correspondentes). Compañía Mapfre

Para alumnos/as de Infantil, Primaria e 1º e 2º ESO:

  • AXA. Seguros. O centro de Povisa.

Para alumnos/as de 3º e 4º ESO, e Bacharelato

  • AXA Seguros. Sanatorio Concheiro (Avda. Madrid, 6)

No caso de dificultades coa plataforma educamos, podes consultar a axuda ou contactar directamente con secretaría e tentaremos solventar a incidencia canto antes.