Toda a información nun clic
Curso 26-27
Nesta páxina atoparás a información relevante do curso (que tamén está recollida na Programación Xeral Anual do centro) e os accesos directos á información útil e aos documentos actualizados.
Accesos directos
Axenda
Subscríbete á axenda do cole para estar ao día de todas as súas actividades e datas importantes. Na PXA de familias atoparás un resumo das datas máis significativas.
Os días de libre disposición (non temos clase) no curso 26-27 son o 2 de novembro e o 3 de maio.
Contido de Google Calendar. Pode usar as súas propias cookies.
Normas e organización do centro
Descarga os documentos que rexen o funcionamento ordinario do centro.
NOF
Normas de organización e funcionamento do centro, aprobadas en xaneiro de 2016 ao abeiro da LOMCE e actualizadas periodicamente. A versión actual é de 2024. Descargar o documento
Plan de convivencia
Actuacións dirixidas á formación no respecto dos dereitos e liberdades fundamentais, a tolerancia e a liberdade dentro dos principios democráticos de convivencia e de pluralidade lingüística, cultural e relixiosa. Descargar o documento
Normas de Primaria
Documento que recolle o resumo das normas da etapa de Primaria.
Normas de Secundaria
Documento que recolle o resumo das normas da etapa de Secundaria.
Normas de Bacharelato
Documento que recolle o resumo das normas de Bacharelato. Descargar o documento
Autorizacións
Modelos para solicitar autorizacións ao centro: saídas do centro (Primaria) e administración de medicamentos.
Libros e material escolar
Listaxes actualizadas de libros e material escolar por curso.
Contido de Google Drive. Pode usar as súas propias cookies.
Contido de Google Drive. Pode usar as súas propias cookies.
Programacións didácticas
Publícanse en outubro. Nas páxinas de cada etapa (Infantil, Primaria, Secundaria e Bacharelato) tes as carpetas coas programacións didácticas e os criterios de cualificación das diferentes materias.
Tamén as atoparás na plataforma Proens da Xunta de Galicia.
Horarios
De outubro a maio. En setembro e xuño o centro ten xornada continua en horario de mañá, similar á dos venres en cada etapa.
Infantil
De luns a xoves
- 3 anos 9:00–12:30 e 14:45–16:30
- 4 anos 9:00–12:30 e 14:45–16:25
- 5 anos 9:00–12:30 e 14:45–16:20
Venres
- 3 anos 9:00–14:00
- 4 anos 9:00–13:55
- 5 anos 9:00–13:50
Primaria
De luns a xoves
- Mañá 9:00–12:30
- Tarde 14:50–16:30
Venres
- Mañá 9:00–14:00
Secundaria
Horario
- De luns a venres 8:45–14:25
- Luns pola tarde 16:00–17:40
Bacharelato
Horario
- Luns, martes, xoves e venres 8:45–14:25
- Mércores 8:45–15:15
- Luns pola tarde 16:00–17:40
