Benvidos ao espazo Salesianos Museum!

Benvidos/as

O Museo Salesianos é un espazo virtual que celebra a creatividade e o talento do noso alumnado de Infantil e Primaria. Aquí poderedes mergullarvos nunha marabillosa colección de traballos artísticos realizados na materia de Arts and Crafts, impartida en inglés. Este museo virtual, creado con moito agarimo, propón un percorrido por oito salas temáticas, onde cada curso conta coa súa propia galería para amosar as obras dos nosos e nosas artistas.

Que atoparás no Museo Salesianos?

🖼️ Salas de Infantil e Primaria
Explora unha galería por cada nivel educativo, desde Infantil ata 6º de Primaria, con exposicións que se actualizan ao longo do curso.

🎨 Sala de Exposicións Temporais
Descubre creacións inspiradas en celebracións especiais como o Samaín, o Nadal, o Día da Paz… Obras que reflicten a imaxinación e sensibilidade do alumnado en momentos únicos do ano.


Este museo é moito máis ca unha simple mostra: é un reflexo do entusiasmo, esforzo e imaxinación dos nosos nenos e nenas. Unha xanela aberta ao seu mundo creativo, que poderedes visitar e redescubrir sempre que queirades.

Convidámosvos a explorar, gozar e celebrar con nós a arte dos máis pequenos!

SAlesianos museum

Visita as salas do Museum

SAlesianos museum

ÚLTIMAS PUBLICACIÓNS