Regreso ao futuro

Regreso ao futuro ou viaxes no tempo: un programa de entrevistas, de historia, de ciencia e arte, de viaxes ao pasado, de viaxes ao futuro, vai ti a saber…

Un programa elaborado por alumnas e alumnos, que antes de gravar, investigan e clasifican documentación, traballan en equipo, escriben un guión e moitas cousas máis que necesitan para viaxar no tempo (facer a maleta, por exemplo).