"Con curiosidade e alegría"
Un espazo seguro no que adquirir elementos fundamentais da cultura nos eidos humanístico, artístico, científico e tecnolóxico. Como continuación natural da Educación Primaria, nesta etapa afiánzanse hábitos como o lector, o do traballo en equipo ou o da superación individual. Ademais, iníciase o percorrido cara ás escollas vocacionais e albíscanse as primeiras decisións encamiñadas a facer realidade o proxecto vital. Xa que logo, cobran especial importancia a educación en valores cristiáns e o desenvolvemento das diversas intelixencias, entre as que destacan a interpersoal e a intrapersoal
A etapa
Sendo o interese primordial do ensino obrigatorio o pleno desenvolvemento da personalidade de cada alumna, de cada alumno, así como a súa formación integral (intelectual, física, social, psicolóxica, afectiva, ética e moral), nesta etapa trabállanse, ademais das disciplinas curriculares, unha chea de aspectos que pretenden responder ás necesidades dun ser humano que saia ao mundo convertido nun cidadán tolerante e crítico; nun cristián sensible e comprometido co seu tempo. A educación para a paz, para a igualdade, para a interculturidade, para a ecoloxía, para a saúde e para o consumo, artellados en torno á educación cristiá do século XXI conforman un tecido compacto pero tamén dúctil no que traballamos en dúas direccións complementarias:
- Desenvolvendo a capacidade de ver quen somos, como somos, que queremos, que sentimos e por que.
- Desenvolvendo a capacidade humana de darlle un sentido trascendente á vida.
- Desenvolvendo a sensibilidade por manifestacións artísticas diversas, como a literatura, o teatro, a música ou a pintura. En definitiva, pola beleza.
- Mediante o desenvolvemento de tarefas interdisciplinares que se inspiran na realidade próxima.
- Mediante a normalización do traballo dixital, non como fin en si mesmo, senón como canle de adquisición, de intercambio e tamén de produción de información.
- Mediante a exposición pública e cotiá do traballado: radio escolar, teatro…
- Mediante o traballo cooperativo, que nos propón establecer relacións positivas entre iguais, sentando as bases dunha comunidade de aprendizaxe na que se valoran a diversidade, a colaboración e a empatía.
Plan de estudos
1º ESO | 2º ESO | 3º ESO | |
MATERIAS TRONCAIS |
|
|
Materias de opción escoller entre:
|
MATERIAS ESPECÍFICAS |
|
|
|
LIBRE CONFIGURACIÓN |
|
|
|
Non Curriculares |
|
|
|
Itinerario Científico | Itinerario de Humanidades e Ciencias Sociais | |
TRONCAIS E OBRIGATORIAS |
|
|
MATERIAS TRONCAIS DE OPCIÓN |
|
|
MATERIAS ESPECÍFICAS (cursan dúas) |
|
|
ENSINANZAS APLICADAS | |
TRONCAIS E OBRIGATORIAS |
|
MATERIAS TRONCAIS DE OPCIÓN (escoller 2) |
|
MATERIAS ESPECÍFICAS (cursan dúas) |
|
Documentación da etapa
Proxectos: Innovación tradición educativa
Moitas das tarefas e actividades de aula convértense en programas de radio. Desa forma combínase a difusión das tarefas co traballo da competencia lecto escritora.
O alumnado organízase en grupos cooperativos, tanto para o traballo das materias como para o acompañamento emocional.
En todo os cursos da ESO empregamos un dispositivo Chromebook propiedade do alumno e o entrono de traballo de Google como espazo de consulta, creación de contidos e comunicación.
Organizadas dende o departamento de pastoral, todo os cursos dedican dou ou tres días ao ano as xornadas de convivencias cristiás.
Na etapa apostamos por un plurilingüismo activo no que conviven o castelán, o galego, o inglés e o francés. Ademais da integración desas linguas en actividades diarias, a oferta de linguas estranxeiras concrétase en:
- Obradoiro de Música en Inglés en 1º. Música en Inglés en 2º e 3º ESO.
- Francés como optativa dende 1º ESO a 2º Bach.
- Horas de lectorado nas clases de Inglés e de Francés.
- Oferta dunha inmersión lingüística dunha semana en países anglófonos.