A revista Xanela é, ante todo, unha revista colexial, que se entrega a todas ás familias e amigos ao finalizar o curso no mes de Xuño. Nela reflíctense as actividades máis importantes que se levaron a cabo ao longo de todo o curso. Queremos que sexa un testemuño fotográfico onde os protagonistas son os propios alumnos e alumnas.

Historia:

Xanela naceu o 1 de Decembro de 1995. O fundador e primeiro director foi Agustín Rodríguez, salesiano. Os primeiros anos realizábase unha tirada de tres edicións coincidindo cos tres trimestres do curso escolar. A partir do curso 1999-2000 faise cargo da Revista Lupi Peña, pastoralista salesiano. Dende o curso 2001-2002 José Antonio Labandeira, profesor de Primaria, acepta a dirección da Revista. Cámbiase de formato, actualízase o deseño, maquetación e a revista pasa a ter unha finalidade de Memoria Escolar. 

  Xanela 33READ NOW  Xanela 32READ NOW  Xanela 31READ NOW  Xanela 30 curso 2013READ NOW