6º de Infantil visitamos o mercado
O pasado 27 de xaneiro os nenos e nenas de 6º de Infanil fomos visitar o «Mercado do Progreso» para ver en primeira persoa os diferentes postos, os alimentos que se venden en cada un deles e quen son as persoas que se encargan de atendelos. Descubrimos moitas cousas novas e divertÍmonos moito.
Temos que dar as grazas a cada unha das persoas que nos atopamos, vixiante de seguridade, os encargados /as dos diferente postos… pola sua atención e o seu agarimo. Agora tócanos levar as nosas familias!!