Convivencias de 2º da ESO en Allariz
Os días 17 e 18 de marzo, o alumnado de 2º da ESO trasladámonos ata Allariz para gozar de dous días de convivencia.
As actividades xiraban en torno a dúas ideas: Como quen quero ser? e claves para medrar san.
Analizamos as mensaxes que nos chegan dende as redes sociais, e influencers, e persoeiros que seguimos, para nun segundo momento pararnos a pensar en claves que nos permiten medrar como persoas sans.
Tamén tivemos tempo para descubrir o entorno. Fixemos unha ruta ata o parque de O Rexo, coñecimos Allariz pola noite e moito máis.
Xa tiñámos ansia por sair e desfrutar xuntos de actividades ao ar libre.