Andaina solidaria en Infantil
O pasado venres 1 de abril os nenos e nenas de Infantil celebramos as convivencias cristiás.
Este ano, a proposta foi algo diferente: celebramos unha ANDAINA SOLIDARIA, na que tamén participaron arredor de 60 familiares.
Fixemos un paseo desde a ETEA ata o monte da Guía… pasámolo fenomenal! Ao chegar á Guía tivemos que repoñer forzas coa merenda, e a continuación tivemos una pequena celebración da palabra que fomos traballando ao longo da semana nas aulas, e na que reflexionamos sobre a importancia que ten sementar paz na medida das nosas posibilidades. E ao rematar… bailamos algunhas das nosas cancións favoritas!!!!
Pasámolo xenial, e igual de importante ou máis… concienciámonos un pouquiño máis da importancia que ten achegar cada un o noso gran de area para construír un mundo máis solidario.
Moitísimas grazas ás familias pola vosa colaboración, encántanos que participedes con nós desta fermosa tarefa que é educar aos nosos nenos e nenas. Moitísimas grazas tamén ás familias que, aínda que non puideron acompañarnos na andaina, co seu “Dorsal 0” colaboraron nesta 1ª Andaina Solidaria!
E, por suposto, moitísimas grazas pola vosa solidariedade, xa que con esta 1ª ANDAINA SOLIDARIA INFANTIL recadamos un total de 530,70€ que mandaremos ás casas salesianas que están en Ucraína axudando nesta terrible situación que están a vivir.