Un ano máis o alumnado de 2º ESO (A, B e C) do Colexio María Auxiliadora “Salesianos” de Vigo presenta novos programas de radio sobre casos migratorios relacionados coa nosa terra. Os programas son froito dun proxecto interdisciplinar nas materias de Lingua Galega e Xeografía e Historia.
O proxecto alterna o traballo individual coa metodoloxía da Aprendizaxe Cooperativa (normas, roles e caderno de equipo), insistindo na adquisición da Habilidade Social da Escoita Activa e da Competencia Social e Cidadá.