O alumnado de 2º e 3º de EP visita Apípolis
O venres 13 de maio, o alumnado de 2° e 3° de Primaria fomos de viaxe ata San Andrés de Xeve para visitar a granxa de abellas «Apípolis«.
Unha vez alí, puxémonos o traxe de apicultor e fomos ao apiario, donde puidemos observar as abellas nas súas colmeas, ademáis de atopar a abella raíña. Déronnos a probar pole e mel, amasamos unhas saborosas galletas de mel no obradoiro de cociña e fabricamos velas coa cera das abellas.
Foi unha sorte coñecer este mundo tan de preto! 🐝👩🌾