Obradoiros para a decoración das festas de María Auxiliadora
Dende o pasado 25 de abril comezamos os obradoiros para facer a nova decoración das festas de Mª Auxiliadora. Despois de dous anos sen celebralas merecemos volver ao grande!!!
Toda a comunidade educativa traballamos a reo para preparar una decoración sostible e que podamos gozar dela durante moitas festas máis.
Como botabamos de menos estes encontros no cole!!! 😊
Compartir tempo xuntas é un signo de identidade salesiana que nos encanta!!
Pero… aínda seguimos!!!
Moitas familias e profes estamos dando as últimas puntadas para rematar a tempo.
MOITÍSIMAS GRAZAS a todos e a todas por estar sempre dispostas a compartir o voso tempo. A vosa dispoñibilidade sempre “ESTÁ” para todo o que propoñemos!!!
Vémonos o venres día 20 “NO PATIO” para celebrar as festas máis APAIXONADAS, COMPARTINDO VIDA ❤️