Gañadores no concurso do Club Vitaminas!
En 5º de Primaria, neste derradeiro trimestre, nas clases de ciencias naturais, para aprender moito sobre alimentación e saúde, participamos nun taller nutricional e nun concurso de debuxo onde tivemos que elaborar cal sería para cada un «A miña mellor merenda».
Todo o alumnado fixo un gran traballo e tiveron unhas notazas… Pero ademais, un dos nosos alumnos, ANTÓN GUILLERNA, gañou o concurso entre máis de mil alumnos doutros centros educativos 👏😊🎉
Hoxe mesmo, martes 21 de xuño, viñeron ao cole representantes de Frutas Nieves, Plátano de Canarias e Kiwi Zespri para entregarlle o premio ao merecido gañador. Nin nada máis, nin nada menos… que unha viaxe a Canarias para catro persoas!!
Tamén houbo unha chea de agasallos para a clase do gañador.
Seguro que pronto temos unha foto de Antón gozando dende as illas mentres saborea uns riquísimos plátanos para seguir coidando os seus hábitos alimenticios.
Parabéns!!