Traballos da materia de EPVA de 3º da ESO

O alumnado de Educación Plástica, Visual e Audiovisual de 3º da ESO traballou este curso a imaxe animada a través da creación de STOPMOTIONS. Con paciencia, bo humor e creatividade presentaron uns traballos de fin de curso ben xeitosos.

O stopmotion é unha técnica de animación de vídeo na que se graba unha secuencia de imaxes fixas, e cando se reproducen todas xuntas secuencialmente, crean a sensación de movemento 📽️

Estamos ante a técnica coa que George Méliès revolucionou o mundo da fotografía e dou os primeiros pasos hacia o cine 🎬

Hoxe en día é relativamente sinxelo acadar un bo resultado nas grabacións grazas ás sinxelas aplicacións que temos no mercado dixital.

Aquí tedes unha boa mostra dos traballos deste ano. Sabedes que a creatividade nunca falta.

Desfrutade!