6º de Primaria foi de excursión ás Illas Cíes
O pasado martes 20 de setembro, o alumnado de 6º de EP, puidemos gozar da excursión ás Illas Cíes que estaba programada para o mes de xuño do curso pasado.
A espera pagou a pena. Disfrutamos dunha marabillosa xornada nun entorno paradisiaco e rodeados de compañeiros e amigos.
Ás 9.30 h tomamos rumbo cara ás Cíes e despois dunha travesía duns 45 minutos, chegamos ao noso destino. Unha vez alí e despois de dar uns pequenos consellos comezamos o camiño á Illa do Faro. A ascensión foi dura pero as vistas e chegar todos coma un «gran equipo» foi moi gratificante. Un pequeno descanso e baixamos para a desfrutar dun merecido baño na praia de Nosa Señora antes de comer. Tocaba repoñer forzas e xantamos nun pequeno pinar. Despois dunha breve sobremesa tivemos xogos e baño na Praia de Rodas.
Ás 17.15 h debíamos estar no muelle para coller o barco de regreso ás 17.30 h.
Foi sen dúbida un día inesquecible! Imaxinades un mellor xeito de comezar o curso 2022-2023??
A continuación tedes un pequeno vídeo-resumo do que foi a xornada: