4º de Primaria foi de excursión a Baiona
O mércores 21 puidemos facer a excursión a Baiona que tiñamos pendente do curso pasado. Tivemos un tempo fantástico e aprendimos un montón de cousas sobre a viaxe de Cristóbal Colón grazas a Rosa na Casa da Navegación.
Tamén visitamos a carabela A Pinta, que é unha réplica da que chegou a Baiona en 1493 anunciando o descubrimento dun novo continente. Foi moi interesante poder comprobar as condicións nas que viaxaban nesa época. E para rematar a mañá, merendamos no parque da Palma e xogamos e divertímonos moito.
Deixámosvos algunhas das imaxes do día.