Todos os nenos e nenas da etapa de Primaria pasamos a xornada do pasado venres día 30 no parque forestal do monte Vixiador.
O Vixiador conforma unha contorna natural privilexiada e de gran valor ambiental. Situado a 400 metros de altitude e repoboado con carballos americanos, bidueiros, sequoias e castiñeiros, este monte ofrece unhas magníficas vistas do val de Louriña, os montes de Portugal, a serra do Suído e da ría de Vigo.
Gozamos duns roteiros espectaculares nunha paraxe fermosa. Camiñamos, merendamos, apañamos castañas, celebramos, cantamos e bailamos.