CONVIVENCIAS DE 2º DE BACHARELATO

O alumnado de 2º de Bacharelato foi de convivencias os días 10 e 11 de Outubro. Foron dúas xornadas moi diferentes, pero nun único marco: «deternos e pensar, no contexto de segundo de bacharelato e da situación actual do mundo no que vivimos, cara onde queremos enfocar o noso proxecto de vida»

Ao longo das dúas xornadas tivemos tempo de traballo persoal, tempo de lecer e tempo de convivencia e cohesión grupal.

A primeira xornada transcurríu no Convento Franciscano de San Antonio de Herbón. Comezamos con dinámicas de coñecemento e posicionamento do grupo, para pouco a pouco irnos situando como se foramos persoas con capacidade de decidir e influír no futuro da humanidade, e do planeta. Adicamos tempo a coñecer as necesidades actuais  enmarcado nos Obxetivos de Desenvolvemento Sostible. 

Unha xornada intensa que rematou con tempo e traballo para a elaboración persoal dun proxecto de vida propio. Por suposto tamén houbo tempo para a festa e a diversión antes de irnos deitar.

A xornada do segundo día comezou cedo, e contra as 8:30 da mañá xa estabamos en camiño cara Santiago de Compostela. Foron case 25 kilómetros de Etapa de Camiño de Santiago que felizmente rematamos xuntos no Obradoido.