CONVIVENCIAS DE 1º DE BACHARELATO

Co lema «Encontros probables e encontros improbables», case 60 alumnos de 1º de bacharelato participou os días 12 e 13 de xaneiro nas convivencias.

Partimos da idea de que é moi difícil sensibilizarse do que non coñeces, e tamén ao revés, é case que imposible ser insensible ao que coñeces. Nese marco, propomos encontros probables para coñecernos, coñecer a xente coa que nos «tropezamos» nos día a día, nas aulas, no cole, … os compañeiros e compañeiras. 

E encontros improbables. Encontros con persoas e entidades de Vigo coas que probablemente non nos «tropezaremos» ou non coñeceriamos senon facemos o esforzo de achegarnos.  Salvo que vivamos en primeira persoa algunha das súas problemáticas.

Así, as convivivencias constaron dunha primeira parte na que, por grupos, achegámonos a coñecer  e «encontrarnos» con persoas que traballa e son destinatarios en diferentes entidades de Vigo. Coñecemos Discamino, Alento, Afaga, O Centro integral de inclusión e emerxencia social, o Fogar San José, o comedor da Esperanza, o Fogar Santa Isabel , aos Irmáns dos Enfermos Pobres de Teis e ao grupo de Emaus. 

A proposta era traernos algo deses encontros, para logo compartir ao día seguinte unha xornada de convivencia nas instalacións do Círculo Mercantil. Como non podía ser doutra maneira, compartimos nomes de persoas, historias persoais, experiencias de encontro… que compartimos e nos axudaron a contextualizar momentos de reflexiòn persoal e de compartir entre todo o alumnado.