O 25 de febreiro celebramos por primeira vez unha xornada de Portas Abertas dirixida ás familias que non nos coñecían pero tamén para o alumnado e familias do centro.
A participación foi moi alta e a valoración moi positiva. Contamos cunha feira de ciencias, contacontos e obradoiros en Infantil, Xogos e talleres en Primaria, gravacións de poemas… un feixe de actividades que converteron o colexio no escenario dunha xornada festiva. A destacar a participación do alumnado da ESO que dinamizou os obradoiros para os máis pequenos. Unha chulada de día que seguro repetiremos.