O alumnado de Historia da Arte de 2º de bacharelato visita os museos do Prado e do Reina Sofía
O 15 de febreiro os alumnos e alumnas de Historia da Arte de 2º de Bacharelato visitamos os museos do Prado e do Reina Sofía en Madrid para afondar no estudo de grandes obras mestras.
No Prado aprendemos moito sobre o Bosco, o Greco, Velázquez ou Goya. A nosa guía, Dolores, axudounos a coñecer O Recorrido das Sete Conquistas. E no Reina Sofía iniciamos a aventura da arte de vangarda intentando descifrar o cubismo, o surrealismo e o expresionismo.
Foi unha gran xornada de traballo e convivencia, estamos desexando repetilo.