Un grupo de 59 alumnos e alumnas de 3º da ESO participaron nas convivencias do Camiño de Santiago do 11 ao 14 de Abril. O camiño comezou na parroquia de San Mamede da Portela, en Barro. Ata alí fomos en Autobús, e dende alí comezamos a camiñar. Esa primeira etapa foi breve, unha toma de contacto que nos levou ata Caldas de Reis. 10 kilómetros que serviron de comezo do camiño, a mochila e a experiencia que empezabamos a vivir. Indiviualmente e como grupo.
De Barro a Caldas, de Caldas a Padrón, e de Padrón a Santiago… Tres etapas que combinaron tempos de convivencia, de oración, de reflexión, de risas… de «camiño».