1º de Bacharelato participou no proxecto "A caixa sostible"
O alumnado da materia de Cultura Científica do primeiro curso de bacharelato participou este ano no proxecto da Escola de Enxañería de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo chamado «A caixa sostible». Dende o mes de novembro estivemos a desenvolver na clase 5 actividades sobre a pegada do carbono, eficiencia enerxética, eficiencia lumínica, calidade da auga e patrimonio xeolóxico.
O 10 de maio celebrouse un acto no paraninfo da Universidade de Vigo, no que os gañadores de cada unha das actividades entre os 40 colexios paricipantes de toda Galicia expuñan os seus resultados.
Entre eles: Andrés, Adrián, Irea, Juan e Nicolás expuxeron o seu proxecto gañador de eficiencia enerxética. Parabéns a eles en particular e a todo o alumnado polo traballo desenvolto ao longo de todo o ano.