Nova tempada do programa "Sempre en Galicia"
Este ano “Sempre en Galicia”, o programa con máis historia e con máis episodios da nosa radio, traspasa a barreira dos 50 programas. Moísimas grazas a todas as persoas entrevistadas por facelo posible e por compartir as vosas experiencias migratorias cheas de esperanza, crecemento persoal, emocións e aventuras coa nosa audiencia.
Os programas, do 36 ao 51, foron elaborados integramente polo alumnado de 2º ESO dentro dun proxecto interdisciplinar das materias de Lingua Galega e Xeografía e Historia, aplicando a metodoloxía de aprendizaxe cooperativa. Foron 60 alumnos e alumnas divididos en 16 equipos que conseguiron gravar 16 programas. Parabéns a todos eles!