VIAXE DE 6º DE PRIMARIA A MANZANEDA

Os días 14, 15 e 16 de xuño o alumnado de 6º de Primaria celebrou a súa saída de fin de curso/etapa. Foron tres días cheos de emocionantes actividades e aventuras:

O primeiro día, despois do xantar, tiveron un rastrexo fotográfico onde aprenderon a orientarse na montaña. Foi unha experiencia educativa e divertida que lles permitiu desenvolver habilidades de orientación e traballo en equipo. Despois do rastrexo, collimos as mochilas e fomos á piscina das instalacións. Alí pasaron dúas horas de diversión, nadando e desfrutando de refrescantes xogos acuáticos. Pola noite, organizouse unha velada onde participaron en xogos grupais e diferentes probas compartindo actividades co alumnado dun colexio de A Coruña.

O segundo día prometía aínda máis aventuras. Comezou co obradoiro de vivacs, alí aprenderon técnicas básicas para realizar construccións na montaña. Despois dun pequeno descanso comezamos a ruta de sendeirismo, onde desfrutamos do entorno e aprenderon sobre a flora e fauna local. A emoción continuou despois do xantar, cunha sesión no parque multiaventura e as prácticas de tiro con arco. E pola noite…todos á DISCO! onde bailaron ao ritmo da música e disfrutaron dunha noite chea de diversión.

O terceiro día, despois de almorzar, realizaron un gran xogo por equipos no polideportivo da Estación. Unha vez rematado o gran xogo (quedaron con gañas de seguir) tiveron unha sesión práctica de nós. Practicaron diferentes técnicas de atado e como utilizar nós en situacións de montaña e camping. Finalmente, rematamos a mañá realizando prácticas no rocódromo. E por último, xantar , recollida… e volta para Vigo.

Sen dúbida foi unha experiencia que quedará na lembranza de todos os participantes.