Actividade do protagonista en 5º de Infantil
Durante este curso ofrecemos ás familias de 5º de infantil a posibilidade de compartir un tempo nas aulas cos seus fillos/as e os seus compañeiros/as de clase.
Neste tempo as familias participantes podían desenvolver unha actividade, converténdose en profesores/as por un momento. Nun primeiro momento contábannos marabillas dos seus fillos/as , gustos , actividades preferidas, cousas da familia……e nun segundo momento despregaban toda a súa creatividade así que puidemos gozar de sesións de contacontos, manualidades, papiroflexia, experimentos…
Todos/as gozamos destes pequenos momentos e queremos dar as grazas a todas as familias participantes por aceptar este reto que superaron coa máxima nota.