Adaptacións en cómic de novelas na nosa biblioteca: literatura española
24 de novembro de 2023
Continuamos lembrándote algúns cómics da nosa biblioteca que se atreven con éxito a transformar novelas en viñetas. Nesta entrada resaltamos algúns títulos da literatura en lingua castelá que dispoñen de suxestivas versións:
– Moitos autores atrevéronse a debuxar o Quixote, pero gústanos especialmente o que fixo Rob Davis e por iso incorporámolo ao fondo da nosa biblioteca.
Galdós é, para moitos, o escritor de estirpe cervantina máis destacado e Rayco Pulido verteu unha das súas obras maiores, Marianela, ao cómic. O resultado: a marabillosa Nela, da que dispoñemos múltiples exemplares.
O buscón, como moitos saberedes, é considerada un dos cumes da novela picaresca. A continuación que imaxinaron Guarnido e Ayroles resulta tan divertida, chea de aventura e imaxinación como o orixinal. Non o perdas
Clásicos da narrativa contemporánea como A cidade dos prodixios, Intemperieou Soldados de Salamina contan tamén con magníficas aproximacións gráficas, que están na nosa biblioteca á túa disposición.
Capítulo a parte merecen dous premiadísimos cómics de autores españois, A cólerae Medea á deriva, que, apropiándose de argumentos míticos gregos, fan unha nova lectura e interpretan con profundidade e sabedoría.
E temos moito máis: o Dráculade Mignola, Calpurnia… Pregúntanos e recomendarémoste.