05 de decembro de 2023
Recreos Activos: Cineforum sobre Ladrón de Bicicletas
Para a quinta sesión de cinefórum eliximos unha das películas máis conmovedoras da historia do cinema, Ladrón de bicicletas (1948) de Vittorio De Sica. Trátase dunha marabillosa obra que captura como ningunha a realidade dun país tras unha guerra. Considerada durante moito tempo pola prestixiosa revista Sight&Sound a mellor película da historia, segue resultando un testemuño desgarrador e unha das ficcións que mellor retrataron as relacións paterno-filiais. Nesta ligazón atoparás información que che animará, sen dúbida, a vela: https://www.fotogramas.es/noticias-cine/a46011997/ladron-bicicletas-pelicula-vittorio-de-sica-aniversario-curiosidades/
O último encontro para o debate celebrarémolo o xoves, 14 de decembro, na aula steam. Esperámosche, como sempre