NOVAS ADQUISIÓNS DA BIBILIOTECA: LA BIBLIOMULA DE CÓRDOBA

MATERIA: cómic

IDADE RECOMENDADA: de doce anos en diante

CONTIDO (da páxina da editorial): Fins do século X. A morte de Alhakén II deixou o califato de Córdoba en mans de Hisham II, un neno de once anos. O seu titor, Almanzor, aproveita a circunstancia para reinar no seu nome. Entre as súas disposicións destaca a queima de miles de volumes da biblioteca de Córdoba. Só se salvarán uns poucos, a lombos dunha mula guiada por un ladrón e unha parella de escravos. O guionista Wilfrid Lupano (Os vellos fornos) e o debuxante Léonard Chemineau asinan neste álbum maxistral unha carta de amor ao saber, a tolerancia e os logros da cultura como última barreira ante o avance dos totalitarismos.

CINCO MOTIVOS PARA RECOMENDARCHO:

  • Está editado de forma marabillosa.
  • O debuxo de Lupano resulta tan expresivo como poético.
  • O seu guión, enxeñoso, sorprendente e emotivo, está construído con gran destreza narrativa.
  • Combina o humor e a historia de xeito maxistral nun relato que se devora.
  • Reivindica a tolerancia, a convivencia entre relixións e a importancia da cultura e os libros sen deixar por iso de funcionar como unha magnífica aventura.