24 de febreiro
Xornada de
Portas Abertas

Destinado ao alumnado e familias do cole así como familias que queiran coñecernos. Consulta o programa e apúntante nas actividades que máis che interesen.

""

Encontro para familias que queiran coñecernos

10:45h Entrada pola Rúa Venezuela

Breve reunión na que informaremos da proposta educativa do centro, carácter propio e características principais da nosa oferta educativa. Posteriormente percorreremos o centro. 

Dispoñemos de servizo de Canguro para ese tempo, pero para alumnado de infantil precisamos que estea acompañado.

Actividades para alumnado e familias

De 11:30 a 13:00 o colexio convertirase nunha gran feira de actividades e obradoiros.  

Consulta o lugar e horarios de cada actividade e cando se precise, inscríbete!.

1º piso. Infantil

OBRADOIROS ROTATIVOS

  • Ambientados no proxecto do Soño Olímpico, faremos diferentes actividades e talleres.
  • Nenos e nenas de 3 a 6 anos, acompañados por un adulto. Precisa inscrición

2º piso: Obradoiros e Xogos Cooperativos

  • Realidade aumentada nas aulas.
  • Xogos con Escornabots.
  • Manualidade dos xogos olímpicos.
  • Ven a xogar ao Dobble XXL.
  • Xogos de mesa na Biblioteca 

Entrada libre para nenos e nenas de 7 a 12 anos.

3º piso: Música e Arte

  • Móvete con Zumba na aula de música (dous turnos, 11:30h e 12:30h)
  • Manualidades de instrumentos musicais.
  • O corredor da arte: Exposición por todo o piso.
  •  Intervención sobre Picasso.

Entrada libre dende 7 ata a 99 anos.

3º piso, edificio novo: Estructuras

  • 1º ESO: Exposición de estruturas para explicar a importancia da triangulación.
  • 2º ESO: Proxecto Poleas e proxecto Dovelas.
  • Exposición de deseños modulares.

4º piso: Feira de ciencias

  • Taller de experimentación na aula Steam.
  • Radio escolar
  • Curso de Primeiros Auxilidos da ANPA (inscrición previa).
  • Café filosófico en 3º ESO A: «Como é a xuventude do século XXI?» Coa presenza de Emilio González, director do instituto Rosais 2 de Vigo.
  • Exposisición de videos sobre o cole polo corredor de Bacharelato, mediante códigos QR.
  • Feira de Ciencias: Experimentos de ciencias nas aulas de Bacharelato.