NOVAS ADQUISIÓNS DA BIBILIOTECA: LAS PALABRAS LO PUEDEN TODO.

MATERIA:Narrativa, mundo que me rodea

IDADE RECOMENDADA:de seis anos en diante

CONTIDO (da páxina da editorial):

Un cabalo laranxa está desesperado por atopar a seu irmán perdido, pero a súa única pista é a metade dunha foto antiga. O cabalo decide facer un anuncio, pero as respostas que recibe fanlle perder a esperanza. Entón, un día, o cabalo laranxa atópase cun cabalo castaño e enseguida fanse bos amigos. Casualmente, o cabalo castaño ten tamén a metade dunha foto antiga.
Podería ser o irmán perdido que o cabalo laranxa estivo buscando?

CINCO MOTIVOS PARA RECOMENDARCHO:

  • A cor, a luz, a expresividade e a graza das súas ilustracións conmoven.

  • Fálanos de temas complexos como a aceptación da diferenza ou o sentimento de perda con delicada lixeireza.

  • É imaxinativo e emocionante, sen deixar de ser divertido.

  • Ensínanos que a amizade propicia vínculos tan auténticos e profundos como a familia.

  • O seu personaxe principal é un exemplo de perseveranza, esforzo e ilusión, valores fundamentais.