NOVAS ADQUISIÓNS DA BIBILIOTECA: La pastelería en cómic

MATERIA: ciencias aplicadas

IDADE RECOMENDADA: de seis anos en diante

CONTIDO (da páxina da editorial):

Madalenas de último minuto, muffins a pau seco, carlota de amorodos, éclairs de vainilla e chocolate, torta de limón merengada…

Neste cómic atoparás receitas para preparar desde os aperitivos máis fáciles e rápidos de facer, ata sobremesas dignas dos grandes chefs pasteleiros, sen esquecer os grandes clásicos da pastelaría revisitados cun xiro especial.

Zoé e Hippolyte, dous alegres aprendices de cociña, acompañaranche receita a receita, e paso a paso, para que poidas gozar das sobremesas máis apetitosas ao ritmo das estacións.

CINCO MOTIVOS PARA RECOMENDARCHO:

  • Exemplifica á perfección as múltiples posibilidades educativas do cómic.

  • Pode ser unha estupenda desculpa para implicar a nenos e nenas nas tarefas domésticas e na arte culinaria.

  • Como todos os traballos de Astronave, a súa edición é exquisita.

  • A claridade do seu debuxo constitúe un atractivo indubidable para primeiros lectores de banda deseñada.

  • Ao utilizar como base das receitas as froitas de tempada, achéganos aos principios da alimentación saudable e permite educar no coñecemento do medio natural.