RECOMENDACIÓNS: Abril na Biblioteca Pública "Juan Compañel"

Mes de abril, mes do libro. Empezamos o día 2, conmemorando o Día do Libro Infantil e Xuvenil para continuar coa gran festa da lectura, o 23 de abril, Día do Libro. Compartimos convosco a ligazón á axenda da biblioteca pública «Juan Compañel», onde atoparedes interesantes iniciativas para celebrar a chegada desta particular primavera para os lectores.

 
  • Martes 2 de abril: agasallos para os primeiros nenos e nenas que leven en préstamo libros desde as 17.00 h.
  • Martes 23: visitas guiadas ás 12:00 h. e ás 18:00 h.
  • 1-30 de abril: Exposición e mostra bibliográfica: «A maxia dás palabras»
  • 22 abril-11 maio Exposición «Un obxecto fascinante, ou libro ao longo dá historia»

Fomento da lectura (o público accederá as actividades mediante a inscrición previa, presencial ou por teléfono no 886 120 445) :

  • Xoves 4 de abril : “Entre contos e cantigas”. Pavis Pavos. Contaremos pequenas historias encadeadas con cancións, ditos e xogosda nosa tradición e tamén algunha composta adrede para estas funcións.Duración: 30 minutos. Capacidade: 30 nenos/as acompañados de 0 a 3 anos por 1 adulto.

  • Sábado, 6 de abril “Sentindo emocións”. Tania Justo. Cantacontos infantil baseado no libro “O monstro de cores” no que coñecemos as emocións básicas como a alegría, tristeza, ira, medo e a calma a través dos diferentes sentidos como son a vista, o tacto e o oído, pois todas van sempre acompañadas de música, quen concibe as emocións sen música? As cores, as texturas e diferentes cancións irannos descubrindo as diferentes emocións neste concerto interactivo no que o público forma parte do conto.Duración: 45 minutos. Capacidade: 40 nenos/as de 4 anos en adiante.

  • Sábado 20 de abril: “Contamaxias:”. O Mago Paco. Un conto que nos ensina a importancia de expresarnos a través da arte e non renunciar aos soños cando nos encontramos con obstáculos, a perseveranza, o traballo, a paciencia, axudaranos a chegar a tocar as estrelas. Duración: 45 minutos. Capacidade: 40 nenos/as de 4 anos en adiante.

  • Sábado 27 de abril: “The Colourful monster”. Contacontos en inglés cunha pequena actividade manual relacionada coas emocións, e traballarán os valores e emocións que se representan no conto. E en cada parte do conto farán pequenas paradas de compresión para que os pequenos e pequenas interactúen. Duración: 60 minutos. Capacidade: 40 nenos/as de 4 anos en adiante.