PROXECTO EN INFANTIL: “O SOÑO OLÍMPICO… OLIMPIADAS SALESIANAS 2024”
Durante o segundo trimestre na etapa de Infantil levamos a cabo un proxecto sobre os Xogos Olímpicos, o noso “Soño Olímpico”.
Foi un proxecto moi participativo por parte de toda a Comunidade Educativa.
Como non podía ser doutro xeito, comezamos os “Xogos Olímpicos Salesianos 2024” acendendo o noso pebeteiro co facho que chegou a través das nosas mans a Miguel, despois de facer un percorrido que comezaron Quique e Aldara. Ademais fixemos o desfile inaugural.
Visitáronnos antigos alumnos e alumnas do cole para explicarnos algúns deportes olímpicos. Anxo falounos sobre o rugby e Carlota sobre o fútbol feminino.
Tamén visitounos Cristina Fernández Piñeiro, a primeira árbitra internacional muller de balonmán, para falarnos da súa experiencia neste deporte. Ademais, foi portadora do facho olímpico nos Xogos de Barcelona 1992… E tivemos a sorte de poder ver en directo o facho que ten e sacarnos fotos con el!
Outro ámbito moi importante na vida das persoas deportistas é a súa alimentación. Por iso tivemos a sorte de que nos acompañase Sara, unha nutricionista que explicounos a clasificación dos alimentos e que debemos comer para estar sans e sas.
Por equipos aprendemos e practicamos diferentes deportes para despois explicarllos aos nosos compañeiros e compañeiras: atletismo, hockey, natación, bádminton, rugby e balonmán. Pasámolo moi ben e aprendemos moito!
Cos nosos equipos xa formados… chegou o momento de levar a cabo os nosos propios Xogos Olímpicos! Foi unha mañá moi divertida porque fixemos diferentes probas deportivas e unha manualidade moi chula. E como non… conseguimos a nosa medalla de ouro!
E para rematar, despois de tanto esforzo, repuxemos forzas cun almorzo olímpico para poder continuar coa nosa vida chea de hábitos saudables.
O noso Soño Olímpico viuse cumprido, e grazas a el aprendemos a xogar en equipo, a respectarnos uns aos outros e a coidarnos.