SEMANA DO LIBRO: CONCURSO DE MICRORRELATOS SOBRE O SOÑO

Despois de conmemorar no cole ao grande o Día do Libro, aínda temos na recámara unha última proposta creativa. Como en cursos anteriores, queremos promover un concurso literario.  O alumnado interesado, de 4º de Primaria en diante, pode participar nun concurso de microrrelatos sobre o tema do soño. Os orixinais poden presentarse en inglés, castelán ou galego. Consulta as bases..

BASES DO CONCURSO

As obras presentadas deberán reunir as seguintes características:

  1. Abordarán, dalgunha forma, o tema do soño.
  2. Neste sentido, suxírese tratar un dos tres  grandes subtemas da tradición literaria sobre este asunto:
    1. Relato de soños reais ou ficticios.
    2. Historias sobre a fronteira entre os soños e a realidade.
    3. Soños proféticos, que anticipan sucesos.
  3. Estarán escritas en fonte de texto Arial, en corpo 12 puntos e marxe normal (2,5 centímetros superior e inferior e 3 centímetros esquerda e dereita). O interliñado deberá ser 1,5.
  4. A extensión debe ter un mínimo de 45 palabras (tres liñas de texto, aproximadamente) e non debe superar as 300 palabras (unhas vinte liñas de  texto).
  5.  O microrrelato debe ter título.

2.- Poden entregarse como máximo cinco microrrelatos por persoa.

3.- O orixinal presentarase en formato dixital por unha das seguintes vías:

  • Classroom, na tarefa deseñada polo profesor ou profesora do Seminario de Linguas responsable da actividade en cada curso, se o houbese.
  • Por correo electrónico, á dirección biblioteca@aulasalesianosvigo.es

4.- O prazo de entrega de orixinais remata o 10 de maio.

5.- Haberá premios para os mellores relatos de cada unha das tres categorías constituídas:

  • Categoría 1: 4º, 5º e 6º de EP.
  • Categoría 3: 1º e 2º da ESO.
  • Categoría 4: 3º, 4º da ESO, 1º e 2º de Bacharelato.

6.- Todo relato presentado poderá divulgarse polas plataformas de comunicación do colexio, citando sempre ao autor e sen que este perda a lexítima propiedade intelectual da súa creación.

7.- A participación no concurso supón a aceptación das bases