Centro autorizado Trinity College of London

Somos un dos centros autorizados polo Trinity College of London como examinador oficial para calquera alumno que se queira presentar e centro de referencia para os seguintes exames ISE (ISE I, ISE II, ISE III).

As Integrated Skills in English (ISE) é un exame multicompetencia destinado a mozos no instituto ou a universidade que necesitan unha acreditación de nivel de inglés respectada.

A preparación do exame ISE desenvolve habilidades lingüísticas da vida real, así como habilidades transferibles á contorna académica e ao emprego.
ISE avalía a capacidade de interacción en inglés de maneira auténtica e relevante a través de tarefas que integran as catro habilidades da lingua en dous módulos:

Módulo de Speaking and Listening
Módulo de Reading and Writing

Estes módulos avalíanse por separado e permiten obter o título global por fases (a puntuación dun módulo se garda se o outro non se supera ou se matricula máis adiante).
ISE estará dispoñible en 3 niveis: B1, B2 e C1 do MECR (Marco Europeo Común de Referencia) segundo o nivel de cada estudante.

Más información:

https://www.trinitycollege.com/local-trinity/spain
https://www.trinitycollege.com/qualifications/english-language/ISE

""