BOS DÍAS DO ALUMNADO DE EXPRESIÓN ARTÍSTICA

O alumnado de expresión artística de 4º da ESO elaborou un pequeno vídeo para os bos días, presentando o traballo que están a desenvolver na aula.
A actividade está organizada en catro ambientes: técnicas secas, húmidas, aditivas e sustractivas.

Preténdese que experimentasen con técnicas que quizais probasen nunca: gravado, colaxes con teas, carboncillo, gouché etc.

A continuación podedes ver o vídeo e as imaxes do resultado final da experimentación de 2 sesións.