NOVAS ADQUISICIÓNS NA BIBLITECA

MIÑOCA E OURIZO
RAMÓN D. VEIGA (A PARTIR DE 5 ANOS)

Miñoca coñece un ourizo cacholán que di ser faquir, encantador de miñocas e lanzador de pugas pero… será certo? Outra aventura de Miñoca onde volve quedar claro que para ser amigos abonda cunha boa pizza carbonara. E con extra de queixo!

LEER NO ES UN ROLLO.
NILS FREYTAG (A PARTIR DE 3 ANOS)

Hai libros que contan historias sobre mundos remotos e hai outros, como este álbum, que sirven para introducirse nese universo marabilloso. Un título para rirse, pensar, contradicir ou estar de acordo arredor das vinte frases e ilustracións creadas por grandes autores. Prexuizos sobre a lectura para que lectores grandes e pequenos tomen a súa decisión.
Ler é un rollo porque o fas ti so? Pode que non, se te atopas con seres fantásticos que te acompañan. ¿Ler é un rollo porque acabas cedo? Non ten porque ser así, sempre podes sumerxirte noutro libro.

MAMBRÚ VOLVEU DA GUERRA
CARLOS LABRAÑA (A PARTIR DE 11 ANOS)

Unha nena está desexando explorar o parque infantil que abriron ás aforas da vila. Mentres xoga, encontra por casualidade un boneco enterrado. É un soldado de porcelana que lle conta que viviu na vila hai moitos anos, pero non é quen de lembrar o seu nome nin como acabou nese lugar. Coa axuda da súa familia, a nena intentará recompoñer o crebacabezas para que o boneco poida atopar o seu lugar.

MEMORIAS DUN NENO LABREGO.
Adaptado por Iria Aldegunde

Eu son… Balbino. Un rapaz de aldea. Coma quen di, un ninguén. E ademais, pobre.”
Así comeza o libro máis lido e traducido da literatura galega. Unha das obras que fundan a nosa narrativa contemporánea
e que agora se presenta por vez primeira nunha adaptación gráfica.
Iria Aldegunde, con mestría e sensibilidade, pon en imaxes ese mundo que Balbino contempla ao seu redor cos ollos moi abertos e que adoece por entender, pois, como el afirma, vimos ao mundo cunha alforxa de preguntas.
Nesta novela gráfica atoparedes moitas desas respostas.

EU TAMÉN FUN PEQUENA
CONCHA BLANCO

Todas as noites, antes de durmir, a avoa Concha cóntalles ás súas netas lembranzas da infancia nos anos cincuenta na aldea de Lires, que contrastan coa forma de vida actual: fálalles do mundo rural da época, da nula presenza da tecnoloxía ou das escasas infraestruturas. A través dos recordos da avoa e das preguntas que fan as nenas Ana e Mariña, abórdanse temas como o coñecemento e respecto polas tradicións, a importancia do esforzo, a valoración da lingua galega, a igualdade de xénero, o compañeirismo, a tolerancia, a xustiza, a paz, o coidado do medio ambiente, o fomento da lectura… A avoa sabe que «recordar é volver vivir».